7 Razóns polas que coñecer o centro histórico de Santiago de Compostela

7 Razóns polas que coñecer o centro histórico de Santiago de Compostela

Santiago, berce de peregrinacións, xa non só chama a atención daqueles que camiñan cara ao Santo Sepulcro. Camiñar polas súas rúas empedradas entre soportais, visitar os seus comercios centenarios ou gozar do inigualable patrimonio que a rodea, fai que visitar Compostela sexa unha experiencia única.
Sen dúbida, a xoia da coroa é o seu casco histórico. Por que? Desde Apartamentos Inferniño, en pleno corazón deste núcleo urbano, dámosche as 7 razóns.

1. Estás en pleno Patrimonio da Humanidade
Declarado pola UNESCO en 1985. A cidade vella de Santiago é unha das máis fermosas zonas urbanas do mundo. Non poderás deixar de contemplar nin unha esquina de cada unha das súas rúas e edificios históricos.

2. Praza do Obradoiro
Onde atopamos a icónica Catedral de Santiago, o Pazo de Raxoi, o Hostal dos Reis Católicos e o Colexio de San Xerome, sede do Reitorado. Aquí peregrinos, turistas e mesmo os propios habitantes, sentan no chan da praza cada día para contemplar a súa beleza.

3. Gastronomía na Rúa do Franco
Degustación da gastronomía galega nas súas diferentes vertentes. Onde, ademais de poder gozar dunha boa bebida, poderás probar os doces típicos da cidade que che ofrecerán ás portas dos establecementos.

4. Porta Faxeira
Porta da antiga muralla e entrada ao pulmón da cidade, a Alameda, onde che recibirán as icónicas “Dúas Marías” ou “Dúas en punto”. Rodeado de plena natureza, tes a postal perfecta da catedral.

5. Historia a través de infinitos monumentos
Desde o Convento de San Francisco ou o de San Martín Pinario. Pazos como o de Bendaña, o de Fonseca ou o de San Xerome. Non te quedes sen descubrir a riqueza patrimonial desta zona da cidade.

6. Múltiples museos para os máis curiosos
O Centro Galego de Arte Contemporánea, o Museo do Pobo Galego ou a Casa da Troia, antiga pensión de estudantes e icona da vida universitaria de Santiago a finais do século XIX.

7. A noite compostelá
Cando acaba o día, os mellores locais para a vida social abren as súas portas. O onde atopar unha Estrela Galicia, música en directo ou para bailar, ou simplemente alguén con quen conversar, é sen dúbida este lugar.

Agora que xa coñeces o por que deberías perderte polas rúas do centro histórico da capital compostelá, convidámoste a volver única a túa experiencia aloxándote no seu pleno corazón. Esperámoste aos pés da Praza do Obradoiro, en Inferniño Apartments.
Fai a túa reserva xa na nosa web: https://infernino.com/reservas/ ou chamando ao +34 636 573 640.