4 atardeceres de Santiago de Compostela que tienes que ver en Inferniño

4 atardeceres de Santiago de Compostela que tes que ver se te aloxas en Inferniño

Para algúns, o ocaso é o momento de tranquilidade e reflexión do día. E sabémolo, a nós tamén nos gusta ver como o sol vai desaparecendo mentres que a suave luz, tingue as paisaxes de laranxa. Por iso, hoxe queremos recomendarche 4 atardeceres de Santiago de Compostela que tes que ver se te aloxas en Inferniño, os nosos apartamentos turísticos.
Se a ti tamén che apaixona ver as paisaxes douradas e laranxas que mesturan o outono e os atardeceres queda aquí, porque descubrirás Compostela desde o alto. Queres coñecer estas 4 postas de sol? Contámoscho en Inferniño!

O Parque de Bonaval, unha visita obrigada
O parque de Santo Domingo de Bonaval, é un dos espazos naturais que tes que visitar en Santiago. Este antigo cemiterio é un lugar perfecto para marabillarse no ocaso. Sentarse na herba e contemplar como o sol desaparece por detrás da Catedral e da zona vella é unha paisaxe que seguro que a túa retina gardará para sempre.
Este parque ten un extra, e é que é perfecto para gozalo nunha outonal tarde. Sempre hai xente e respírase moi bo ambiente, polo que pasar alí unha gran parte do teu día será sempre unha boa opción, e máis se te quedas a gozar do atardecer. Trátase dunha contorna tranquila para pasear e con espectaculares vistas. Coñecíalo?

A Alameda, o atardecer máis visto polos santiagueses
O tradicional Parque da Alameda une o campus sur da cidade co seu centro histórico. Ao estar no corazón de Santiago, é un dos lugares perfectos para ver o atardecer e ademais está moi preto dos nosos apartamentos turísticos. Iso si, antes de que o sol se esconda, recomendámosche dar un paseo polo parque e visitar a Coralia e Maruxa, as dúas Marías, un emblema da cidade.
Ademais da súa excelente localización, a Alameda trátase dun parque tranquilo rodeado de natureza e vexetación. Un bo libro, será o teu mellor acompañante para un dos momentos máis especiais do día. Non te perdas isto se visitas os nosos apartamentos turísticos!

Monte Viso, lendas desde o alto
Outra das vistas máis bonitas de Compostela está no Monte do Viso. Non só falamos dun bonito atardecer, senón que tamén hai que coñecer a ruta que descobre 10 seres da mitoloxía galega.
A este lugar poderás acceder desde os camiños do lugar do Viso e da parroquia de Aríns ou tamén desde a Cidade da Cultura, outro punto desde onde ver os magníficos atardeceres de Santiago. Monte do Viso ofrece as vistas máis claras da cidade nunha contorna chea de historias e lendas para sentir Compostela 100%. Non che apetece visitalo?

Monte Pedroso, outro clásico en Compostela
Se ves a Santiago e pides recomendacións, seguramente escoites falar deste alto punto da cidade. Monte Pedroso é o miradoiro máis alto de Compostela e, por tanto, ten as mellores vistas da cidade. Sabíalo?
Este, ademais de ser o máis emblemático da cidade, é un miradoiro que está protexido da construción, pois desde el, descubrirás Compostela. Poderás achegarte en calquera momento do día, pero se elixes ir cando caen os últimos raios dourados da tarde, volverás namorado de Pedroso. Non o dubidamos!

Queres saber máis? Estes catro impresionantes miradoiros regalaranche uns máxicos atardeceres que seguro, non poderás esquecer por moito tempo. Santiago é unha cidade impresionante e máis, se pos todo o teu empeño en descubrila. Con estes 4 miradoiros poderás ter un anaquiño de Compostela aos teus pés. Agora só queda que fagas a túa reserva en Inferniño, os nosos apartamentos turísticos. E lembra, se vas estar en Santiago podes descargar a nosa guía 100% Compostela para tela sempre a man e descubrir as nosas recomendacións.
Aínda que os amantes das postas de sol percorrerían os 4 miradoiros para ver os mellores atardeceres, queremos facerche unha pregunta, se só puideses escoller un, con cal quedarías?