Coñece Inferniño
Os
apartamentos
Os nosos aloxamentos turísticos situados a escasos pasos da Catedral serán o refuxio perfecto para desconectar do frenesí do casco antigo. Inferniño, consta dun total de 5 apartamentos turísticos totalmente diáfanos e unha cabana urbana, rodeados dun encantador e bucólico xardín por unha banda e a maxestosa Catedral de Santiago polo outro. Ademais, a coidada decoración e a minuciosa rehabilitación deste histórico lugar, conxuga á perfección deseño contemporáneo e tradición.
Todos os nosos apartamentos, contan con:









Nosos apartamentos
O jardín
un remanso de paz
Sen dúbida, unha das grandes vantaxes de aloxarse en Inferniño é poder gozar dun remanso de paz no medio da gran cidade. Este xardín interno, conta cunha ampla variedade de arbustos, flores, mata e árbores característicos de Galicia. O xardín é o suficientemente grande para permitir aos hóspedes atopar o seu propio recuncho especial onde gozar dun momento de paz e tranquilidade, sendo, ao mesmo tempo, pequeno para crear un santuario íntimo e privado.
A impoñente fonte, é o epicentro do xardín, perfecta para relaxarse e refrescarse nos días máis calorosos.






O salón común,
lugar de encontro
Tras o hall, xunto ao xardín interno, atópase o salón común, un espazo perfecto para compartir experiencias con outros hóspedes ou para gozar dun momento de relax.
Madeira, pedra e luz conxúganse para crear un refuxio tranquilo salpicado con cómodas cadeiras de brazos aos que é difícil resistirse. Conéctate ao noso wifi gratuíto e planea a túa próxima ruta!

