Condicións de reserva
Entrada: Entre as 16:00 e as 19:30. Non hai servizo de recepción 24 horas, polo que é moi importante indicar unha hora aproximada de chegada. Se desexa realizar a entrada antes ou despois do horario establecido deberá consultar previamente dita posibilidade, para organizarnos se fose posible.
Saída: Ata as 12:00. Se desexa deixar o apartamento despois do horario de saída consúlteo connosco previamente por se fose posible.
Pago por adiantado e Cancelacións (tarifa estándar e short stay): O cliente pode cancelar a reserva de forma gratuíta ata 5 días antes da data de chegada. O cliente terá que pagar o prezo total se cancela durante os 5 días antes da data de chegada. Se o cliente non se presenta terá que pagar o prezo total. Cobraráselle por adiantado o prezo total durante os 5 días antes da data de chegada (unha vez finalizado o período de cancelación gratuíta).
Dende o 15 de xullo ata o 31 de agosto, ambos incluídos, o período de cancelación gratuíta remata 2 días antes da data de chegada. O cliente terá que pagar o prezo total se cancela durante os 2 días antes da data de chegada. Se o cliente non se presenta terá que pagar o prezo total. Cobraráselle por adiantado o prezo total durante os 2 días antes da data de chegada (unha vez remata o período de cancelación gratuíta).
Cambios ou modificacións: Calquera cambio ou modificación terá que ser autorizado pola dirección e estará suxeito ás condicións e tarifas do negocio. Deberá ser comunicado con 7 días de antelación e poderá conlevar unha penalización (nunca inferior ao 50% do importe) no caso de que a modificación implique algún tipo de cancelación parcial da reserva. Non se aceptan modificacións durante os 7 días antes da data de chegada.
Tarifa non reembolsable: O cliente terá que pagar o precio total por adiantado e non se lle realizará ningún reembolso se cancela en calqueira momento.
Atención ao cliente: Non hai servizo de recepción 24 horas. Si dispoñemos de atención telefónica 24 horas durante a estancia.
Mascotas: Non se admiten.
Fumar: Prohibido fumar.
Festas: Non se permiten.2