Saltar ao contido

Inferniño Apartments

Inferniño

Contacto  

Avenida de Raxoi, 4 (Plaza del Obradoiro)
15705 Santiago de Compostela, A Coruña, Spain

Teléfono
+34 636 573 640

E-mail
reservas@infernino.com

Icono ig    fb

Contacto   Reserva

Avenida de Raxoi, 4 (Plaza del Obradoiro)
15705 Santiago de Compostela, A Coruña, Spain

Teléfono
+34 636 573 640

E-mail
reservas@infernino.com

Icono ig    fb

Logo inferniño
Inferniño Apartments » 5 plans para divertirse en familia na túa escapada a Santiago de Compostela

5 plans para divertirse en familia na túa escapada a Santiago de Compostela

  • por

Pasando tempo en familia estréitanse lazos familiares, pois compártense experiencias conxuntas e créanse estímulos diferentes. Agora que aínda podemos gozar da calidez do outono é a tempada perfecta para organizar unha escapada familiar antes da chegada do frío. Por iso hoxe, no noso novo post de inferniño, contámosche 5 plans para divertirse en familia na túa escapada a Santiago de Compostela.

Visita algún dos mellores museos da cidade

No centro histórico de Compostela atópase o Museo da Maxia Kiko Pastur, o único museo de maxia de toda Galicia. Este é un referente recreativo por tratarse dun lugar diferente onde a ilusión dos máis pequenos se fai notar. Se queres pasar un intre divertido en familia na túa escapada a Santiago.

Un divertido paseo en tren

Tren turístico de Santiago

Aínda que Santiago é unha cidade que podes percorrer perfectamente camiñando, hai unha maneira diferente de pasar polos lugares de interese de Compostela: o tren turístico. Este percorrido parte da Praza do Obradoiro e dura aproximadamente 45 minutos. É unha atracción fantástica para coñecer Santiago en familia.

Escape room, para toda a familia

Un clásico máis que triunfa entre os nenos son os escape room. É a oportunidade de facer un plan diferente en familia. No centro de Santiago de Compostela tes varias opcións para levar aos pequenos e resolver estes enigmas xuntos. Sentirán a adrenalina!

O xardín de inferniño, un remanso de paz

Xardín de inferniño

Se te aloxas nos nosos apartamentos turísticos, dispoñemos dun espazo perfecto para os máis pequenos. Trátase do xardín de inferniño. Un precioso espazo común no que os adultos poden descansar mentres os nenos se divirten xogando.

Para aloxarte recomendámosche o noso apartamento nº 5, pois con capacidade para 5 persoas, é o máis familiar. Ademais, está situado en plena Praza do Obradoiro, polo que será unha gran oportunidade para coñecer o centro histórico.

Pasea polos parques de Santiago

Parque da Alameda de Santiago de Compostela

Un paseo por algún dos parques de Compostela conquistará aos máis pequenos da casa. Estes poden perderse no labirinto do parque de Belvís ou contemplar a inmensa vexetación do parque da Alameda. E, como cume do día, dende alí poderiades ver un precioso atardecer en familia, pois tal e como che contamos no noso último post, este é un dos lugares máis impresionantes para ver a caída do sol na cidade do Apóstolo.

Agora que xa sabes 5 plans para divertirte en familia en Santiago, convidámoste a volver única a túa experiencia aloxándote no seu pleno corazón. Esperámoste aos pés da Praza do Obradoiro, en Inferniño Apartments. Fai xa a túa reserva na nosa web ou chama ao +34 636 573 640 para gozar dos nosos apartamentos turísticos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *