A Historia, que usa a maiúscula como unha advertencia, parece que se conta como unha crónica do que sucede en grandes despachos ou desoladores campos de batalla. Nun lugar máis discreto están as nosas pequenas historias, escritas en testarudas minúsculas: aquela vez na que usar katiuskas salvou máis vidas que a penicilina ou a extensión da iluminación pública. O cambio era imparable: novo urbanismo, novos negocios, novos espazos para a vida social. Así, no século XIX nace a idea da vangarda: os pintores escaparon das academias para refuxiarse nos cafés para captar a vida no seu mesmo instante. E os cafés convertéronse nun dos escenarios deste movemento pero, que perfil terían? Pois o seu recordo ten en Michael Thonet uno dos seus construtores, grazas a seis pezas, dez parafusos e dúas porcas.
Desde 1830, Thonet experimentou novas técnicas para que reducisen custos na produción. Ata entón, na fabricación aplicábanse técnicas de modelado a base de cincel e de unións mediante ensamblaxes, o que encarecía o produto.
En 1859, o empresario ideou un sistema no que sometía láminas de madeira previamente encoladas a humidade e calor para poder curvar a madeira, o que daba como resultado unha masa dúctil e resistente que se moldeaba en formas relativamente complexas. Unha vez arrefriada a peza, o molde era retirado e os distintos compoñentes eran ensamblados mediante parafusos ata obter o produto final.
A cadeira nº 14 de 1859 —coñecida como Kaffeehausstuhl Nr. 14, ‘cadeira de café nº 14’— aínda é a cadeira. A súa produción alcanzou números de teima: producíronse máis de 30 millóns ata 1930. Unha cadeira que cambiou o aspecto das casas, os estudos e, sobre todo, os cafés.
Por que triunfou a cadeira Thonet?
- A industrialización buscaba automatizar o máis posible a produción; o que hoxe entendemos como sistema IKEA ten a súa orixe na xenialidade da cadeira Thonet, que se entregaba en pezas para que cada cliente as ensamblase entre si grazas a dez parafusos e dúas porcas que unían seis pezas independentes. A xenial creación triunfou pola sinxela lóxica do ensamblado.
- Tamén revolucionou a loxística: As cadeiras enviábanse desmontadas nunha caixa dun metro cúbico, onde cabían 36 exemplares, e armábanse no lugar de destino.
- Converteuse nunha icona das artes e artistas: a cadeira Thonet aparece en obras de Renoir ou, máis claramente, na obra No Moulin Rouge de Toulouse-Lautrec, onde a vemos como parte significativa do mobiliario. Ademais, apareceu en filmes de Charles Chaplin, ou mesmo na famosa e certeira recreación que fixo Bob Fosse do Berlín de entre guerras. Liza Minelli baila en Cabaret apoiada nunha nº14.
- Influíu en escolas como Bauhaus ou De Stijl, que buscaban producir obxectos belos, sinxelos e baratos. As mellores mentes destes grupos, ou posteriores xigantes da arquitectura como Le Corbusier, adoptaron o estilo de liñas claras e sinxelas. Adiantou en case medio século algunhas técnicas que aínda consideramos contemporáneas.
Thonet no Inferniño
As cadeiras Thonet orixinal están entre os pequenos tesouros, sutís pero importantes, que gardamos no Inferniño. Un obxecto que une a audacia técnica cun resultado sinxelo, funcional e belo ten un lugar reservado no noso espazo.
A nosa cadeiras Thonet fannos felices e, sobre todo, representan parte do noso espírito: aproveitar o existente, aplicar a técnica para recuperar o que está ben feito para ofrecer algo completamente novo. Quixemos evocar o ambiente relaxado que gobernaba nos espazos comúns do edificio do Inferniño: un espazo para ser parte de lugar monumental no que atopardes o voso sitio.
Como vedes, as nosas cadeiras Thonet teñen historia pero o Inferniño ten moitas máis. Só falta que nos visitedes para escribir o voso capitulo na historia, en testarudas minúsculas, as únicas que importan.