Sabemos que a resaca emocional do Entroido aínda está moi presente, pero recordámosche que abril está á volta da esquina, o que significa: “pequeno respiro”. Polo de agora, estás a tempo de organizar unha escapada, precisas ideas? Hoxe propoñémosche a guía definitiva para desfrutar da Semana Santa en Santiago.
O Casco Histórico e a Catedral de Santiago, un clásico que non pode faltar
Con máis de 800 anos de historia, a Catedral de Santiago segue a ser o templo de maior interese da cidade. A oportunidade de visitar os seus tellados e admirar as súas vistas dende as alturas, dende logo, non deixan indiferente a ninguén.
O Casco Histórico aos teus pés! Achégate ás prazas máis emblemáticas, comeza pola do Obradoiro, onde poderás sentarte a contemplar a Igrexa máis icónica de Santiago e ó mesmo tempo, o lugar onde atoparás os nosos apartamentos turísticos. Visita a Praza da Acibechería, Praterías, A Quintana… ou desfruta das súas rúas cheas de vida, dos pequenos comercios e dun café entre habitantes, estudantes e peregrinos.
Visita o Parque da Alameda
Unindo o Campus Sur da cidade co seu Casco Histórico, o Parque da Alameda é a zona verde de referencia de Santiago, non só para pasear, senón tamén para gozar dos mellores atardeceres. Situado na Rúa do Campiño da Ferradura, componse de tres espazos diferenciados: Paseo da Alameda, a Carballeira de Santa Susana e o Paseo da Ferradura. É neste último dende onde se pode contemplar a fachada da Catedral, unha das vistas máis fotografadas da cidade, aínda que a vista máis privilexiada terala dende os nosos apartamentos turísticos.
Os museos, unha opción máis para descubrir a cidade
A oferta cultural santiaguesa ofrece unha ampla variedade de museos. Dende os máis destacados como o Museo da Catedral, o Museo do Pobo Galego, O Centro Galego de Arte Contemporáneo, ata outros máis especiais como o Museo de Maxia Kiko Pastur. Situado no Casco Histórico da cidade, propón visitas cheas de ilusións ópticas, photocalls máxicos, pezas históricas, shows e clases de maxia para grupos reducidos de 4-6 alumnos.
O Mercado de Abastos, o segundo lugar máis visitado da cidade
A infinidade de actividades que ofrece Compostela sempre deixan a un con fame. Achegarse ao Mercado de Abastos, é unha das opcións máis acertadas para os visitantes de Santiago e os seus habitantes. En horario de luns a sábado de 11:30 a 17:00 h., poderás degustar a mellor comida tradicional galega. Ademais, ofrécese a posibilidade de facer pedidos on-line a domicilio e a calquera punto de España (excepto Canarias). As rutas gastronómicas están á orde do día. Doces, viños e tapas, delicias mariñas… Que prefires ti?
Agora que xa tes a guía definitiva para desfrutar de Santiago, propoñémosche mellorar a túa experiencia aloxándote aos pés da Praza do Obradoiro, en Inferniño Apartments. Fai a túa reserva na nosa web ou chama ao +34 636 573 640 e escolle cal dos nosos apartamentos turísticos se adapta mellor ás túas necesidades. Esta Semana Santa, agardámoste en Inferniño!