Saltar ao contido

Inferniño Apartments

Inferniño

Contacto  

Avenida de Raxoi, 4 (Plaza del Obradoiro)
15705 Santiago de Compostela, A Coruña, Spain

Teléfono
+34 636 573 640

E-mail
reservas@infernino.com

Icono ig    fb

Contacto   Reserva

Avenida de Raxoi, 4 (Plaza del Obradoiro)
15705 Santiago de Compostela, A Coruña, Spain

Teléfono
+34 636 573 640

E-mail
reservas@infernino.com

Icono ig    fb

Logo inferniño
Inferniño Apartments » 3 planazos para facer este festivo moi preto dos nosos apartamentos turísticos

3 planazos para facer este festivo moi preto dos nosos apartamentos turísticos

  • por

O mes de novembro comeza mellor que ben! Cun festivo por diante seguro que xa estás a planear unha escapada. Hoxe no noso blogue queremos axudarche a elixir ese destino ideal e recomendarche 3  planazos para facer este festivo moi preto dos nosos apartamentos turísticos.

Inferniño  Apartments atópase no corazón de Santiago de Compostela, polo que deberás tomar nota para saber o que non te podes perder na túa visita á cidade e os seus arredores. Queres descubrir os mellores  planazos connosco? Dános un momento e contámoscho!

Cruza unha máxica ponte colgante

Algún fanático das áreas recreativas? Nesta ocasión falámosche de  Xirimbao. Un espazo onde convive a vexetación e os mellores ambientes xunto a unha gran ponte colgante. Esta zona está a menos de media hora de Santiago de Compostela polo que, se te aloxas en  Inferniño, non hai escusas para non achegarse.

Nesta magnífica zona de lecer podemos atopar unha preciosa ponte colgante que une os concellos da Estrada e Teo, e que está situado nun coto pesqueiro bañado polo río Ulla. Este foi construído nos anos 60 por José  Darque. Esta ponte colgante ten nin máis nin menos que 80 metros de lonxitude co río Ulla aos pés para sentir a vertixe.

Se pensas en vir a esta Área Recreativa  despreocúpate, terás aparcamento e mesas para comer con bancos de pedra. En  Xirimbao todo serán comodidades!

Escoita a caída da auga de Pozo Negro

En Brión, a media hora da cidade compostelá, atoparás unha encantadora fervenza de 6 metros de altura que forma o río Chavielos na súa desembocadura no río Tambre. Esta fervenza é coñecida como Pozo Negro e está situada nunha espectacular contorna. Pois a zona está rodeada dunha gran vexetación e ten unha preciosa ponte de madeira enfronte da  fervenza.

Se che gusta camiñar entre sendeiros, podes aproveitar para facer a ruta que leva á fervenza. Son só 2,34 km que poderás percorrer nunha hora e media aproximadamente. Unha ruta circular rodeada de natureza e con dificultade baixa para os amantes do sendeirismo. Ademais, ao acabar a ruta, o descanso estará asegurado se te aloxas nos nosos apartamentos turísticos.

Imos de  picnic?

Santiago de Compostela está rodeado de áreas recreativas onde organizar rapidamente un  picnic.  Xirimbao, Chaián ou  Illa  do  Refuxio son só tres zonas que están a menos de media hora de Santiago e que teñen zonas verdes perfectas para o descanso e para escoitar o transcurso da auga. Se che gusta pasar tempo ao aire libre e gozar da natureza en todo o seu esplendor só terás que coller o coche e facer un pequeno traxecto para deixarte marabillar polo seu encanto.

3 planazos para facer este festivo moi preto dos nosos apartamentos turísticos

Pero se prefires acomodarte na capital galega, en Santiago tamén poderás gozar do teu  picnic. Tanto o Parque de Bonaval, como a Alameda, Vista Alegre ou Belvís están moi preto dos nosos apartamentos turísticos e son lugares óptimos para estirar a túa manta de cadros e gozar da tranquilidade.

E por suposto, se te vas a aloxar este festivo en  Inferniño Apartments non terás nin porqué saír de aí. O noso xardín compartido estará  preparadísimo para que poidades facer o voso  picnic antes de emprender camiño. Non será por alternativas!

Gustaríache coñecer novos  planazos para facer preto de Santiago de Compostela? Na nosa páxina web podes botar un ollo ás rutas que vos propoñemos para coñecer Galicia. Aínda que a cidade de Santiago é un acerto, sempre podemos combinalo con outras actividades para descubrir a contorna. Non esperes máis e fai a túa reserva para pasar connosco o festivo. Que mellor que empezar novembro descubrindo os nosos apartamentos de Inferniño? Esperámoste para pasar un terrorífico festivo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *