Saltar ao contido

Inferniño Apartments

Inferniño

Contacto  

Avenida de Raxoi, 4 (Plaza del Obradoiro)
15705 Santiago de Compostela, A Coruña, Spain

Teléfono
+34 636 573 640

E-mail
reservas@infernino.com

Icono ig    fb

Contacto   Reserva

Avenida de Raxoi, 4 (Plaza del Obradoiro)
15705 Santiago de Compostela, A Coruña, Spain

Teléfono
+34 636 573 640

E-mail
reservas@infernino.com

Icono ig    fb

Logo inferniño
Inferniño Apartments » 3 motivos para visitar Santiago de Compostela este outono

3 motivos para visitar Santiago de Compostela este outono

  • por

Si, o verán acabouse e a sensación de aire frío xa forma parte do noso día a día. As vacacións chegaron ao seu fin, a non ser que sexas desas persoas que garda os días de descanso para gozar en outubro. É o teu caso? Pois parabéns porque hoxe ímosche contar 3 motivos para visitar Santiago de Compostela este outono.

De todas maneiras, presta atención porque, aínda que as túas vacacións acabaran, sempre hai algún festivo ou  finde que se pode aproveitar para facer unha escapada á capital galega e durmir nun apartamento turístico. Tanto se é para descansar ou para facer o camiño, visitar Santiago de Compostela no outono é moi boa idea. Así que, imos alá!

Compostela, unha cidade que se transforma no outono

visitar Santiago de Compostela este outono

Aínda que coa chegada desta estación comezan a baixar as temperaturas, a cidade compostelá vólvese máis entrañable. O Centro histórico de Santiago foi declarado pola UNESCO, en 1985, patrimonio cultural da humanidade. Pois ben, no outono, o casco histórico de Santiago de Compostela ten un encanto diferente ao dos meses de verán, e é que as primeiras choivas da tempada e as cores que nos deixa o reflexo do sol nos edificios nas últimas horas da tarde son puro espectáculo. As estreitas e empedradas rúas converten Santiago en todo un monumento en si mesmo.

Co outono chega a explosión de cores. As paisaxes de folla caduca pódense contemplar por calquera dos parques de Compostela. Bonaval, Eugenio Granell ou a típica Alameda encheranse de tons cálidos. Estes xardíns convértense nun remanso de paz e tranquilidade. Os recunchos santiagueses impresionan durante todo o ano, pero sen dúbida as cores de outono acompañan a contorna e fan que sexa unha cidade aínda máis máxica e acolledora.

L a cara máis diferente de Santiago

No outono, Compostela despídese dos peregrinos que fan o camiño para dar a benvida aos estudantes universitarios que invaden o centro da cidade. A afluencia de camiñantes é máis baixa, polo que atopar aloxamento e sitio para comer será moito máis fácil. As rúas non estarán abarrotadas de diferentes acentos e poderás gozar das vistas a unha renovada Catedral case para ti só (sobre todo se te aloxas nuns apartamentos turísticos como  Inferniño).

Santiago cambia de poboación e de festividades. Nos meses de outono poderás acudir a diferentes eventos. Pois ben, nesta época celébranse congresos como Fairway, unha feira sobre o Camiño de Santiago que ten lugar a principios de novembro, ou festas locais moi típicas como, por exemplo, o magosto.

Un outono con bo sabor de boca

Neste período estacional poderás gozar dos alimentos de tempada, pois se pasas pola Rúa  do Franco verás que o posto de xeados cambiouse polo das castañas. Notarás a transición! Para coñecer Santiago no seu máximo esplendor podes achegarte ao Mercado de Abastos, un lugar de referencia para os santiagueses que percorren os postos para comprar produtos frescos e de tempada mentres gozan de tomar algo e admiran a zona. Sabías que é o segundo lugar máis visitado despois da Catedral?

En Compostela non te quedarás con fame, e é que dá igual o restaurante que elixas. Na capital galega probarás exquisitos pratos. Queres algunha recomendación? Podes descargar a nosa guía porque nela atoparás unha selección de bares e restaurantes de Santiago, bota un ollo e dinos que che parece, nos non podiamos quedarnos con un!

visitar Santiago de Compostela este outono

E agora, é a túa quenda. Véste este outono a Santiago? Se te animas a visitar as paisaxes de folla caduca composteláns non dubides en facer a túa reserva nos nosos apartamentos turísticos. Lembra que enInferniño temos as mellores vistas á Catedral. Esperámoste!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *