Saltar ao contido

Inferniño Apartments

Inferniño

Contacto  

Avenida de Raxoi, 4 (Plaza del Obradoiro)
15705 Santiago de Compostela, A Coruña, Spain

Teléfono
+34 636 573 640

E-mail
reservas@infernino.com

Icono ig    fb

Contacto   Reserva

Avenida de Raxoi, 4 (Plaza del Obradoiro)
15705 Santiago de Compostela, A Coruña, Spain

Teléfono
+34 636 573 640

E-mail
reservas@infernino.com

Icono ig    fb

Logo inferniño
Inferniño Apartments » Apartamentos de deseño á beira da Catedral de Santiago de Compostela

Apartamentos de deseño á beira da Catedral de Santiago de Compostela

Situados en pleno centro do casco histórico de Santiago de Compostela, a praza do Obradoiro, Inferniño Apartments ofrece unha localización inmellorable na que gozar dunhas vacacións na capital de Galicia nas que poderás tanto relaxarte no noso xardín privado como saír a pasear polas rúas que conforman a cidade e máis concretamente a cidade vella.

Infeniño atópase en plena Praza do Obradoiro e a poucos metros do mercado de abastos, dous dos puntos neurálxicos de Santiago. Desde tres dos nosos apartamentos, terás unha vista privilexiada. Imaxínaste levantarte e ver a fachada da Catedral?
Ademais, se decides aloxarte connosco, poderás relaxarche coas vistas ao noso xardín privado acompañado das nosas camelias centenarios, e tomarte un café nas mesas que temos ao dispor dos nosos hóspedes.

Para degustar a famosa gastronomía galega, a poucos metros de Inferniño Apartments atoparaste coa rúa do Franco, unha das rúas nas que se concentra unha gran parte da oferta gastronómica do centro histórico de Santiago ou, se o prefires, poderás achegarte ao mercado de abastos, a tan só 7 minutos andando, e ver de preto o espectáculo de mariscos, peixes, verduras e carnes con selo Galicia Calidade.

Por último, no último dos nosos apartamentos, unha cabana de deseño xusto no medio do xardín, estarás completamente rodeado do verde cunha parcela para ti, con mesa e bañeira exterior en pedra con auga quente e fría, ademais de poder divisar as torres da Catedral.
Descansa e goza da paz e a tranquilidade que che ofrecen os nosos apartamentos e coñece a historia, cultura e gastronomía galega. Tan só terás que saír do edificio e dar uns cuantos pasos para chegar á Praza do Obradoiro onde o continuo paso de peregrinos e turistas, e o son das gaitas penetrarache aos poucos na cultura da cidade.

Reserva xa unha experiencia diferente no centro da cidade. Ven e alóxate sen perder de vista e sente a historia de Santiago de Compostela desde a túa xanela, cada mañá.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *