Sobre Inferniño Apartments

Recuperar un edificio protexido e dotalo outra vez de vida -especialmente un de 1666- é sempre un reto que debe asumirse con respecto. No caso dos apartamentos Inferniño non sería posible sen a visión única de López Rivera Arquitectos e o noso construtor, Otero Pombo. O excelente labor e a colaboración entre ambos foron cruciais non só implantando solucións de deseño contemporáneas para este edificio do século XVII senón tamén investigando e restaurando métodos de construción tradicionais que respectaron a esencia de Inferniño.

Apartmentos históricos en en centro de Santiago de Compostela

Elementos arquitectónicos como as escaleiras foron tratadas con sumo coidado e, nos lugares nos que foron necesarias unhas novas, elaboráronse de acordo cos mesmos principios e deseño.
Esta paixón polos detalles é algo que se pode apreciar en todo o Inferniño. Só con pasar a man polas paredes poderás comprobar que foron restauradas meticulosamente con morteiro de cal aplicado manualmente sobre unha estrutura de listóns de piñeiro, unha tradicional técnica apenas utilizada na actualidade. Cando atraveses o salón recibidor, onde os hóspedes poden relaxarse e reunirse se así o desexan, párate un segundo para admirar os pesados marcos de cedro das xanelas que repousan uns milímetros por encima dos linteis de pedra. Este pequeno detalle é o método local que minimiza o contacto entre pedra e nai para evitar que a podremia desgaste os marcos.

 

Lopez Rivera architects

Logo, mentres te sentes no xardín baixo a sombra das dúas camelias ou molles os pés na pila de granito, bota unha mirada ao edificio que tes enfronte e permítete trasladar a túa mente a uns cantos centos de anos atrás para imaxinalo cando estivo repleto de alumnos do seminario que tiñan o privilexio de poder estudar a escasos pasos dun dos grandes templos da cristiandade. E, cando as campás da catedral soen, mergúllate na historia e pensa que tanto ti como eses estudantes oístes os mesmos sons.