Salón para relaxarse e revivir o Camiño de Santiago.| Inferniño Apartments
O Salón

O Salón

O salón común de Inferniño é un recibidor onde os hóspedes poden relaxarse e reunirse.

Madeira, pedra e luz conxúganse para crear un refuxio tranquilo salpicado con cómodas cadeiras de brazos aos que é difícil resistirse, máis cando temos un libro a man.
Planea o teu roteiro pola cidade, decide a que restaurante irás, prepara a túa próxima excursión pola contorna ou para coñecer Galicia ou ben deixa pasar simplemente o tempo sen facer nada en particular. Despois de todo, estás de vacacións e meréceste deixarte levar sen máis por unha contorna envolvente.

The Parlour of Inferniño Apartments

Deixa que o salón che inspire a escribir unha letra, observa o xardín ou explora aquilo que sintas que debes explorar (hai wifi en todos lados) e, en resumo, reláxate.